Estudo de gravación na Coruña

Estudo de gravación na Coruña

Creatividade e arte

A nosa identidade nace inspirada por althaea officinalis, unha planta da familia das malváceas cuxo nome significa "curar". Esta planta crece con facilidade en terreos húmidos, ten unha raíz robusta e un talo grande, características que reflicten a esencia do que somos e simbolizan a nosa filosofía de crecemento natural.

Con este espírito facemos latexar o corazón de Altea Estudios, un espazo de creatividade e sanación, nado na Coruña, profundamente impregnado pola esencia única das malváceas que nos leva a crear proxectos pensados para os oídos máis esixentes. O noso estudo é un lugar fértil, familiar e acolledor, onde cada artista pode desenvolver o seu talento e explorar novas posibilidades sonoras con total liberdade e confianza.

As nosas composicións son produtos artísticos, espontáneos e auténticos, que capturan a esencia da música en cada partitura. Buscamos crear pezas musicais que non só perduren, senón que tamén transmitan a verdadeira alma de cada proxecto. É por iso que damos vida propia aos proxectos, converténdoos en algo eterno, ao inmortalizalos nas nosas gravacións e degustalos en cada audición.

Son personalizado

Gravación

Gravación

En Altea Estudios, contamos cunha contorna acústica tratada, micrófonos de alta gama e un equipo técnico que se esforza por capturar cada matiz da túa interpretación. Este enfoque asegura un son honesto, orgánico e cheo de carácter.

Produción

Produción

Traballamos man a man contigo para desenvolver un son único que reflicta a túa visión artística. Fusionamos estilos tradicionais con elementos modernos para crear un resultado fresco e auténtico.

Arranxos

Arranxos

Os arranxos son clave para dar profundidade e complexidade ás túas composicións. Desde a harmonización de melodías ata a creación de orquestracións únicas, asegurámonos de que cada tema teña unha estrutura sólida e unha personalidade distintiva.

Mestura

Mestura

Co noso equipo técnico e unha contorna deseñada para a precisión, logramos un equilibrio perfecto que realza cada detalle da túa música, logrando un son profesional e competitivo.

Rider técnico de alto nivel

Microfonía

Micrófonos dinámicos como o Shure-sm58 e outros modelos vintage que achegan un carácter único. Micrófonos de condensador como o AT-8538, Oktava MK-012-01 e Aston Spirit, que ofrecen unha captura de son precisa e versátil.

Pedais de efectos e dinámica

Dispoñemos dunha variada gama de pedais que engaden textura e profundidade ás túas gravacións. Pedais de loop e harmonización, ideais para enriquecer as túas interpretacións.

Instrumentos

Contamos cunha ampla selección de guitarras eléctricas, acústicas e clásicas, instrumentos tradicionais galegos e percusións diversas. Ademais, temos teclados e acordeóns que amplían as posibilidades sonoras, permitíndoche explorar novos territorios musicais.

Masterización

En Altea Estudios, traballamos meticulosamente para lograr un son coherente, dinámico e adaptado ás esixencias de distribución dixital e física, facendo a masterización do teu proxecto para que a túa música brille en calquera plataforma ou formato.

O noso equipo utiliza ferramentas de última xeración e técnicas avanzadas para axustar frecuencias, mellorar a claridade e optimizar o volume. Así, conseguimos un produto final que non só soa incrible, senón que tamén reflicte a intención artística orixinal do proxecto.

Ao traballar con artistas de diversos xéneros e estilos, desenvolvemos un enfoque flexible que nos permite sacar o máximo proveito de cada peza. Desde o primeiro axuste ata a última escoita, a nosa prioridade é que o resultado final supere todas as expectativas.

Masterización

Descobre as últimas tendencias musicais

Actualmente non hai noticias nesta sección

Visítanos na Coruña!

Visítanos na Coruña!

Estás listo para levar a túa música ao seguinte nivel? En Altea Estudios estamos preparados para converter as túas ideas nunha experiencia sonora inesquecible.

Por que esperar máis? Falemos!

Contactar

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Sen embargo, os puntos de vista e as opinións expresadas son únicamente os do autor ou autores y non reflexan necesariamente os da la Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.